prema nos botóns se che gusta e desexas comparti-lo, moitas grazas

24 febrero 2011

Páxina Facebook

Levo tempo pensando en eliminar o grupo facebook e mudar as actualizacións do blog en facebook a unha páxina pra poder organizar as fotos mellor, xa que co grupo estaban todas xuntas e revoltas.

Ase mesmo cambiei o menú do blog, onte tiña "Grupo Facebook" e agora é "Páxina Facebook" e cambiei o link pra que leve directo á nova páxina

Dito e feito, xa mudei todo a esta nova páxina. Este é o link da mesma

http://www.facebook.com/pages/Ledis-Creations/186726014683088?v=wall

Se ti es seareiro do antigo grupo facebook, non podes faltar a esta páxina, está agardando por ti

Ledi DeLioncourt

23 febrero 2011

Ledi's Creations nominada aos "Oscars Jennisims 2011"

Hoxe levei unha boísima sorpresa e foi decatarme via mp no foro Jennisims, web afiliada, que estou nominada pra os "OSCAR JENNISIMS 2011"  na seguinte categoría:

"Los mejores blog y web que nos visitan"

Esta é a praca de nominado pra todo o mundo
É un honor estar nominada, eu xa gañei, ainda que perda na fase final, polo recoñocemento que ten Ledi's Creations no mundo simmer nestes apenas dous anos que levo co blog

Vou a seguir traballando pra manter o nivel das descargas pra o voso disfrute e moitas grazas a Jennisims polo recoñocemento ao blog

Ledi DeLioncourt

12 febrero 2011

Elizabeth "Beth" Randall

Photobucket
Shellan de Wrath
Mestiza, Filla do irmán Darius (morto) e unha humana
Raiña dos vampiros
Photobucket

Eriant Colaboradora do proxecto A irmandade da daga negra

Coma xa sabedes unha das miñas aficiones son os vampiros, e teño activo o proxecto de crear a os irmáns guerreiros da saga vampírica "a irmandade da daga negra" escrita por JR WARD

Nun principio non tiña pensado facer as Shellans dos irmáns, só a eles. Pero en Tarih sims, foro no que colaboro e son moderadora, dín con Eriant, una moza a quen tamén lle gusta a saga da irmandade.

Falando con ela via mp propuxenlle facer as mozas protagonistas, e aceptou

Grazas Eriant de todo corazón pola túa colaboración, todos os créditos polas mozas son teus
Bicos fermosa

Ledi DeLioncourt