prema nos botóns se che gusta e desexas comparti-lo, moitas grazas

16 noviembre 2011

Links Actualizados

Xa tedes as descargas aloxadas en esnips resubidas a mediafire e con links activos

Calquera dúbida ou falla nas descargas (se é o caso) clikar na páxina "Contacto" deste mesmo blog. alí tedes onde poder contactar conmigo

Agora toca revisar os downloads que teño cedidos en tarih sims pra poñer os novos links

Un saúdo

Ledi DeLioncourt

13 noviembre 2011

Problemas con www.esnips.com non funcionan os links

Hai uns días quixen mandar un mp enviando un mozo/home, a unha usuaria dun foro onde estou inscrita.

Cal é a miña surpresa o enviarme a sua resposta dicindo que non podía descargar o neno, aloxado en esnips cando eu estando ca sesión activa si podía.

O caso é que probei a descargares ese mesmo neno sen iniciar sesión e nada, non puiden. Pra estares segura probei a descargares outros sims que non son meus e sei os enlaces. Tampouco puden facelo.

Así que tomei unha decisión, mudar todo o que teño na miña conta de esnips pra outro servidor gratuito e mais fiable.

Cando teña todo listo editarei os post que conteñen Sims, obxectos, e solares pra poñer os novos enlaces de descarga.

Ase mesmo non actualizarei con descargas novas ata que non remate a mudanza de servidor.

Sinto os problemas que poidan causar aos usuarios que  visitan o blog e desexan descargar os meus nenos.

Avisarei cando tudo isto esté xa feito e listo.
 
Moitas grazas pola paciencia. agora toca o traballo duro de mudar as descargas pra telas outra vez activas no menor tempo posible.

Un saúdo

Ledi DeLioncourt